19/10/2026
Este sábado puidemos g***r da terceira edición do Mercado Cerámico, na que comerciantes e ceramistas compartimos unha xornada espectacular.
Grazas a todas as persoas que visitastes o Mercado de Teis: á nosa clientela habitual, á veciñanza de Teis, a quen nos acompañou por primeira vez, ás persoas expositoras, a Cintaadhesiva , a Brais das Hortas e a Miguel Vázquez...
Grazas por encher o mercado de vida, de arte, de música e de sorrisos. 🩵
Xornadas coma esta lembran que o mercado é moito máis ca un lugar onde mercar: é un espazo de encontro, de convivencia e de comunidade, onde as persoas son o máis importante.
Campaña de dinamización financiada pola Xunta de Galicia Comercio galego