25/09/2026
🥦 Temos máis información sobre alimentación ca nunca. E, aínda así, non sempre é máis fácil saber que comer.
Cada día atopamos recomendacións, dietas, alimentos que pasan de imprescindibles a prohibidos e bulos que se repiten tanto que acaban parecendo verdades.
Pero hai algo que tamén deberiamos ter en conta: o noso corpo cambia e as nosas necesidades tamén. Non comemos igual aos 20 que aos 50, nin temos sempre as mesmas rutinas, necesidades ou circunstancias.
Entón, que facemos con toda esa información?
Quizais o importante non sexa atopar a dieta perfecta, senón ter criterio para distinguir o que nos serve do que non e entender mellor por que comemos como comemos.
Porque comer ben tamén é saber decidir.
O que queres e o que precisas 🧺