Bou De Vara

Cómo llegar Página web

Bou De Vara BOU DE VARA leva á súa mesa o mellor do mar galego, cun enfoque vangardista enraizado na tradición

24/09/2026
22/09/2026
A melancolía de sentir que o verán chega ao seu fin lévase moito mellor cando sabes que as cousas boas de verdade non te...
29/08/2026

A melancolía de sentir que o verán chega ao seu fin lévase moito mellor cando sabes que as cousas boas de verdade non teñen data de caducidade. Ese ton dourado e nostálxico que nos deixan os últimos solpores da tempada ten un reflexo exacto no verdadeiro ouro do noso mar: os nosos mexillóns. 🍂✨

Falando claro e dende a paixón que sentimos polo que facemos, este produto é un auténtico espectáculo; unha marabilla cun sabor incrible que che fai pechar os ollos en cada bocado. Este nivel de excelencia acádase porque o noso mexillón se cultiva estritamente nas mellores zonas das Rías Baixas galegas. Extraémolo só daquelas bateas situadas nas zonas máis exteriores, xusto onde teñen acceso aos maiores e mellores depósitos de fitoplancto. Isto é o que o converte nun produto inigualable en tamaño e calidades organolépticas, destacando pola súa cor, textura e, sobre todo, polo seu potentísimo sabor.

Para respectar esta calidade brutal, os nosos mexillóns son envasados ao xeito tradicional, peza a peza, por mans expertas. O toque final, o que os fai irresistibles, é a nosa preparación, para a cal empregamos os mellores ingredientes cun escabeche único pensado para desfrutar con todos os sentidos.

Despedimos o verán, si, pero a emoción de degustar algo tan extraordinario dura todo o ano. Quen vai abrir hoxe unha lata deste ouro atlántico para alegrar a fin de semana? 👇🥂

Unha revelación para os teus sentidos 😇✨Nesta Semana Santa, non fai falta buscar milagres lonxe. A verdadeira revelación...
04/04/2026

Unha revelación para os teus sentidos 😇✨

Nesta Semana Santa, non fai falta buscar milagres lonxe. A verdadeira revelación está no que é auténtico, no que respecta a terra e o mar.

Abrir unha lata de Volandeiras do Bou de Vara de Rianxo é, sinxelamente, unha experiencia mística.

Por que as nosas Volandeiras espertan devoción?

A Arte do Mar: Son o produto estrela da frota do Bou de Vara, unha arte de pesca tradicional, selectiva e única da Ría de Arousa.

Pureza Natural: Un molusco rico en vitaminas e minerais, baixo en graxas e cun alto contido proteínico.

O Ritual do Sabor: Preparadas no noso tradicional prebe mariñeiro (a base de cebola, tomate, loureiro, vinagre e aceite de oliva virxe extra), unha receita que eleva o produto aos altares.

Mans Expertas: Envasadas peza a peza para preservar todas as súas cualidades e esa textura única que se funde no padal.

Non é só unha conserva, é un tributo á nosa historia e ao bo facer dos mariñeiros de Rianxo. Un manxar que marida á perfección cos mellores viños brancos envellecidos para un momento de paz e desfrute total.

Cal é o teu ritual para desfrutar dunha xoia así? Compárteo connosco nos comentarios. 👇

O plan perfecto de sábado ten nome propio: Bou de Vara. 🍢​Os nosos mexillóns son unha xoia da tradición artesá. Grazas a...
21/03/2026

O plan perfecto de sábado ten nome propio:
Bou de Vara. 🍢

​Os nosos mexillóns son unha xoia da tradición artesá. Grazas ao fenómeno do "afloramento", os nosos bivalvos acceden aos mellores depósitos de fitoplancton, o que lles confire un tamaño e unhas calidades organolépticas únicas.

​✨ Consello de maridaxe: Proba a ventalos cun vermú vermello, unha rodalla de laranxa e un par de olivas. O contraste co noso escabeche artesán é... doutro planeta!

​E ti, de que es máis? Dos Mexillóns ou das nosas Xoubiñas do Xeito de Rianxo?

🐟 Lémosche nos comentarios! 👇

​

17/02/2026

Os Gardiáns da Ría xa están aquí! 🎭🌊

Neste Entroido, a máscara deixámola só para a festa. Dentro de cada lata de Bou de Vara, atoparás unicamente a verdade:
🔸 Mexillóns das mellores bateas.
🔸 Xoubiñas do xeito.
🔸 Vieiras e Volandeiras co noso prebe mariñeiro tradicional.

​Sabor auténtico, sen disfraces.

​🛒 Fai o teu pedido para estas festas en boudevara.gal

​

13/02/2026

Ti tamén tes un "peixiño" ao que lle queres moito? 🐟❤️🐟

Neste San Valentín, hai amores que son a reostia... pero os que de verdade importan son os que se tratan con moito XEITO. 🥰

​Igualiño que as nosas Xoubiñas de Rianxo. A nosa é unha arte de pesca selectiva e respectuosa. Retíranse da malla unha a unha, mantendo a integridade da escama e da carne, para que non se esmaguen. Un auténtico luxo envasado de forma artesanal co mellor aceite de oliva virxe extra.

​👇 Menciona nos comentarios a ese "peixiño" co que compartirías esta lata! (E se non che contesta en 5 minutos, págache a cea 😉).

Atopaches xa a túa media xoubiña? 🐟❤️🐟​Neste San Valentín, brindamos polos amores verdadeiros e polos que se tratan con ...
13/02/2026

Atopaches xa a túa media xoubiña? 🐟❤️🐟

​Neste San Valentín, brindamos polos amores verdadeiros e polos que se tratan con moito "Xeito".

​Sabías que as nosas Xoubiñas de Rianxo son todo un exemplo de mimo e delicadeza? Péscanse de forma tradicional e sostible, e retíranse da rede unha a unha, a man, para que a escama e a carne queden intactas.

Ademais, non se amorean para que non se esmaguen! Iso si que é tratar un produto con amor.

​Envasadas en cuestión de horas tras saír do mar e bañadas no mellor aceite de oliva virxe extra, son un auténtico luxo para compartir.

​👇 Menciona aquí abaixo a esa persoa coa que compartirías a nosa lata máis romántica (e o cachiño de pan para mollar o aceite).

​ ❤️

A Raíña da Ría de Arousa, vestida de gala para a túa cea. 👑❤️Se hai un molusco que representa a esencia de Galicia e a e...
12/02/2026

A Raíña da Ría de Arousa, vestida de gala para a túa cea. 👑❤️

Se hai un molusco que representa a esencia de Galicia e a elegancia na mesa, é a Vieira. E este San Valentín, meréceste o mellor.

Sabías que a súa captura realízase xusto nestes meses de inverno (novembro-marzo)? Por iso chegan á túa mesa no seu momento óptimo de sabor e textura.

En Bou de Vara preparamos a Vieira fresca, cun proceso de cocción controlado para manter esa textura xenuína que namora. E o toque final? O noso prebe mariñeiro tradicional: cebola, tomate, loureiro, vinagre e, por suposto, aceite de oliva virxe extra.

🍷 A nosa recomendación: Unha xoia así pide un compañeiro á altura. Marídaa cun viño branco seco envellecido para unha experiencia gastronómica redonda.

Non é só unha lata, é un agasallo para os sentidos.

Dirección

Rúa Os Gudiños, 14
Rianjo
15920

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bou De Vara publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría