Casa da Fonte

Llamar Cómo llegar Contactar con la empresa

Casa da Fonte Na granxa rexenerativa Casa da Fonte, realizamos a cría e manexo natural dos animais, o que nos per

29/10/2026

Rexeneración de parcelas pastoreando polos 🐤🐓🌾

24/10/2026
Hoxe recibimos a visita dos alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, no módulo de Simula...
19/10/2026

Hoxe recibimos a visita dos alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, no módulo de Simulación Empresarial, que se imparte no IES A Pinguela, de Monforte de Lemos. Empezaron algo cortados, pero pouco a pouco a interacción foi mellorando e pasamos un rato entretido. Foi un pracer recibilos.

🐄🐖🐓🐎👨🏻‍🏫

04/10/2026
O pasado xoves viñeron a pasar unha xornada con nós os pequenos de 3⁰ curso de primaria do Colexio Illa Verde, de Lugo. ...
29/09/2026

O pasado xoves viñeron a pasar unha xornada con nós os pequenos de 3⁰ curso de primaria do Colexio Illa Verde, de Lugo. Esta visita estaba programada dentro do programa "Da Escola á Granxa" da Vicepresidencia. Deputación de Lugo . É unha maneira de achegar os máis pequenos ó rural e que vexan de primeira man como se producen os alimentos que consumen. Foi unha mañá moi divertida, onde todos aprendemos moitísimo 🥰
🐄🐎🫏🐕🐖🐓👨🏻‍🏫

02/09/2026

Aquí vai un resumo do que foi o noso mes de agosto.
🌾☀️🌦️🐕🐈‍⬛🐄🐎🫏🐖🐓🧈🥛

O mes no que a seca se fixo total, aínda que tivemos unha última semana de auga moi valiosa e agardada para o campo.
As nosas vaquiñas comezan a ter o seu merecido descanso antes da próxima lactación e imos despedindo o verán pouco a pouco.
Días de calor, mañás de néboas e algúns días de auga.
Aínda que a nosa actividade de transformación diminúe, a vida na granxa continúa, agardando a que o outono veña de novo e con él a volta dos pastos verdes.
Continuamos no noso empeño de ofrecervos alimentos medicinais ó mesmo tempo que coidamos do entorno. Grazas por seguir ahí 🥰💚

20/08/2026

A natureza non produce en serie. Nosoutros tampouco. 🌾⏸️🐄
Como vedes neste vídeo, o verán avanzou e os pastos están secos. En Casa da Fonte non forzamos á natureza nin queremos perder a nosa esencia. Por iso, como estes anos por estas datas, nos vindeiros días faremos un parón biolóxico da nosa produción láctea.
Iremos secando as nosas vacas progresivamente para darlles o seu máis que merecido descanso.
Por que facemos este parón?
As nosas vacas entran na fase final das súas xestacións. Precisan descansar, recuperar reservas e prepararse sen estrés para os partos do outono.
Cando regresen as choivas, os pastos volverán estar verdes e nacerán as novas becerras. Entón reabriremos as entregas dos nosos produtos lácteos.
Grazas por entender e apoiar unha alimentación que respecta os ritmos do planeta e o benestar dos animais. A calidade medicinal dos nosos alimentos non se fabrica nunha industria; é filla do tempo e do respecto polos ciclos reais.

12/08/2026

Na natureza ninguén rompe a familia. En Casa da Fonte, tampouco. 🐄🤎🐄
A imaxe que vedes hoxe no prado parece sinxela, pero esconde unha das nosas decisións máis firmes: unha nai coa súa filla xa destetada, pastando xuntas e mantendo un vínculo que dura toda a vida.
Na industria convencional, a separación entre a nai e a becerra adoita facerse a poucas horas do nacemento. Nosoutros decidimos imitar o ciclo natural: permitimos que a becerra se crie ao lado da súa nai, aprendendo dela a pastar, a recoñecer o prado e a vivir sen o estrés da separación.
Cando chega o momento do destete, a relación non remata; seguen sendo parte do mesmo rabaño, camiñando xuntas.
Cremos firmemente que o benestar animal non é un selo nun papel, senón respectar a súa bioloxía e o seu comportamento social. Porque unha vaca sen estrés é a base dun solo vivo e dun produto realmente medicinal.

%

14/07/2026

O ritmo que dita a terra. 🌾🐄

Hoxe queriamos compartir con vós este momento de paz: as primeiras vacas saíndo tranquilas do muxido para volver ó seu lugar, o pasto. Sen pensos, sen présas, respectando os seus tempos e a súa bioloxía.
Aquí é onde nace a maxia de Casa da Fonte. ¡Grazas por seguir aí!

#100%pasto

Vacas que protexen fogares... 🐄🌾👨🏼‍🚒🔥¿Sabías que o deseño de pastos pode salvar unha aldea? 🌿🏠🔥Coa chegada da calor do v...
18/06/2026

Vacas que protexen fogares... 🐄🌾👨🏼‍🚒🔥
¿Sabías que o deseño de pastos pode salvar unha aldea? 🌿🏠🔥
Coa chegada da calor do verán, en Casa da Fonte reestructuramos a estratexia de manexo dos animais. Deixamos temporalmente as zonas máis afastadas e centramos o pastoreo nas fincas máis próximas ás vivendas.
O obxectivo é claro: limpeza biolóxica preventiva. O dente das nosas vacas é a ferramenta máis eficiente, silenciosa e sostible para eliminar o exceso de hierba que, en poucas semanas, se converte en combustible perigoso.
Ao controlar o prado a rentes de chan nestas zonas estratéxicas, reducimos drasticamente o risco de que os lumes do verán poidan afectar ás casas.
Cando apoias un modelo de pastoreo 100% real, non só estás elixindo unha nutrición limpa de inflamación; estás financiando a xestión activa e a seguridade dos nosos montes e aldeas en Pantón e Sober.


Dirección

A Fonte Nº1 Mañente (Pantón)
Mañente
27419

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:00
Jueves 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00

Teléfono

+34667976553

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casa da Fonte publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Casa da Fonte:

Atajos

Compartir

Supermercados cercanos