Cómo llegar

DaJosefa 🧀Calidad única, el Queixo da Josefa, de pasta blanda, elaborado con materia prima de excelente calidad, de forma artesanal y sin productos añadidos.

Un pequeno resumo da nosa visita a Cataluña hai unhas semanas. Uns días moi especiais nos que puidemos amosar o noso que...
05/06/2026

Un pequeno resumo da nosa visita a Cataluña hai unhas semanas.

Uns días moi especiais nos que puidemos amosar o noso queixo e compartir como traballamos no día a día, levando un anaco da nosa terra e da forma de entender este oficio.

📷

“Todo florecía ao mesmo tempo:as cerdeiras, os corpos,a luz sobre os tellados”Olga Novo
21/05/2026

“Todo florecía ao mesmo tempo:
as cerdeiras, os corpos,
a luz sobre os tellados”

Olga Novo

“Hai que chamar ó veterinario…”🐄📞Unha frase que sempre preocupa.Pero hai algo que para nós tamén di moito: vela tranquil...
11/05/2026

“Hai que chamar ó veterinario…”🐄📞

Unha frase que sempre preocupa.
Pero hai algo que para nós tamén di moito: vela tranquila.
Porque un animal que confía, que está acostumado ó manexo e ós coidados diarios, tamén afronta diferente estes momentos.

E igual que nós buscamos un médico no que confiamos, para elas tamén é importante ter un veterinario que as coñeza, que saiba como son e que estea presente cando algo non vai ben.

O coidado diario nótase incluso nos días difíciles.

Ás veces queda nun susto. Outras toca actuar rápido. Pero sempre hai algo que non cambia: o coidado e a atención que merecen cada día.

Apostamos pola culler para tanta cremosidade? Apostamos!Queixo de comezos de primavera, así de fundente📷 QUESOS ARTESANO...
13/04/2026

Apostamos pola culler para tanta cremosidade? Apostamos!
Queixo de comezos de primavera, así de fundente

📷 QUESOS ARTESANOS

Parabens a todas as Josefas, especialmente a nosa!❤️
19/03/2026

Parabens a todas as Josefas, especialmente a nosa!❤️

¿Cantos queixos Dajosefa elaboramos cada día na nosa queixería? Aproximadamente 80. Pode parecer un número pequeno, pero...
07/03/2026

¿Cantos queixos Dajosefa elaboramos cada día na nosa queixería? Aproximadamente 80. Pode parecer un número pequeno, pero cada un deles leva detrás moito máis que leite.

Somos unha queixería totalmente artesanal e traballamos co leite da nosa propia gandería. Por iso, a produción cambia segundo a época do ano, o pasto verde dos prados, a choiva ou o ritmo natural das nosas vacas.

Non buscamos facer máis queixos, senón facelos mellor. Porque para nós cada peza conta: é o resultado do coidado, do tempo e do respecto pola terra.

E por iso, 80 queixos ao día non son poucos: son 80 queixos feitos con alma

——

¿Cuántos quesos Dajosefa elaboramos cada día en nuestra quesería? Aproximadamente 80. Puede parecer un número pequeño, pero detrás de cada uno hay mucho más que leche.

Somos una quesería totalmente artesanal y trabajamos con la leche de nuestra propia ganadería. Por eso, la producción cambia según la época del año, el pasto verde de los prados, la lluvia o el ritmo natural de nuestras vacas.

No buscamos hacer más quesos, sino hacerlos mejor. Porque para nosotros cada pieza cuenta: es el resultado del cuidado, del tiempo y del respeto por la tierra

Por eso, 80 quesos al día no son pocos: son 80 quesos hechos con alma

O papel das mulleres queixeiras foi esencial na historia do queixo galego. Sen o seu traballo, o seu coñecemento e a tra...
06/01/2026

O papel das mulleres queixeiras foi esencial na historia do queixo galego. Sen o seu traballo, o seu coñecemento e a transmisión xeracional destes saberes, esta tradición dificilmente tería chegado ata hoxe.

Durante séculos, foron maioritariamente as mulleres do rural as responsables directas da elaboración do queixo. Encargábanse de ordeñar as vacas, controlar o leite e elaborar o queixo na casa, coidando con precisión os tempos de callado, prensado e maduración. Estes coñecementos non se aprendían en libros, senón que se transmitían de nai a filla a través da práctica diaria e da experiencia acumulada.

As mulleres tamén tiveron un papel central na venda do queixo nas feiras. Preparaban as pezas para a súa comercialización, transportábanas en cestos ou panos de liño e trataban directamente cos compradores, negociando os prezos. A reputación persoal era fundamental: unha boa queixeira era coñecida e respectada na feira pola calidade do seu produto.

A venda de queixo proporcionaba ás mulleres unha fonte directa de ingresos, algo especialmente relevante nun contexto no que contaban con poucas oportunidades económicas propias. En moitos casos, este diñeiro destinábase aos gastos da casa, á compra de roupa ou á educación dos fillos, o que lles daba unha certa autonomía económica dentro da familia.

A pesar da súa importancia, o labor das mulleres queixeiras foi durante moito tempo invisibilizado, considerado unha extensión das tarefas domésticas. Só nas últimas décadas comezou a recoñecerse o seu saber tradicional e a valorarse o seu papel como gardiás da calidade e da tradición queixeira.

Na actualidade, moitas mulleres seguen á fronte de queixerías artesás, combinando o saber herdado coa formación técnica, garantindo así a continuidade dun patrimonio esencial para o rural galego.

📷 Vendedora de queixos en Palas de Rei, 1925

Dende a nosa familia Dajosefa desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero 2026
24/12/2025

Dende a nosa familia Dajosefa desexámosvos unhas Felices Festas e un próspero 2026

Sempre ben rodeados de produtos da mellor calidade, coidadosamente seleccionados para ofrecer unha experiencia única e á...
18/12/2025

Sempre ben rodeados de produtos da mellor calidade, coidadosamente seleccionados para ofrecer unha experiencia única e á altura das expectativas máis esixentes

——

Siempre bien rodeados de productos de la mejor calidad, cuidadosamente seleccionados para ofrecer una experiencia única y a la altura de las expectativas más exigentes

Dirección

Palas Del Rey

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando DaJosefa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría