tendaabellaverde

tendaabellaverde Tenda de productos ecolóxicos e galegos, veganos, sen glute..

Xa temos a cesta semanal. Podes reservala ata o martes as 17:00h e vir por ela o mercores a partir das 17:00h.Xa sabedes...
06/06/2022

Xa temos a cesta semanal. Podes reservala ata o martes as 17:00h e vir por ela o mercores a partir das 17:00h.
Xa sabedes que podedes cambiar ata dous productos.
Reservas na tenda, en mensaxes privados nas nosas redes e no WhatsApp da tenda 604072610

11/05/2022

¡Bos días Colmea! ⛅🐝

Estamos a metade de semana e imos endulzala un pouco.

Dende o sur de Galicia en A Trabe (Ourense) Souto de Trabe productores de castañas ecolóxicas chéganos a tendiña a súa crema de chocolate con castañas, marmelada de castañas e figos productos sen glute sen lactosa e as suas ambrosías de Cabaza con Laranxa e canela e ambrosía de figos con arándanos e xenxibre. Sen conservantes nin colorantes.

Uns sabores diferentes que non deixan indiferentes a ninguén.

Porque afortunadamente non temos que escoller sempre o mesmo e temos moitas opcións e da terriña

Souto de Trabe cultiva castañas de forma sostible e ecolóxica. Recolectadas de forma manual seguendo a tradición familiar. O resultado da tradición, o traballo e o apego á Nosa terriña e o que atoparedes en cada producto deles.

10/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Seguimos ó noso 😅 e seguimos a amosarvos os productos galegos da tenda.

Hoxe tócalle a unha empresa artesana de Lugo. Alí elaboran as cervexas artesanais que temos na tendiña nas variedades de espresso licor café, moura, torrada e trigo.

Pero tamén elaboran pastas e non unha pasta calquera. Poderedes atopar na tenda pasta de castaña, pasta de Broa, millo e centeo, de centeo, de trigo de espelta, con alga, tricor e con cúrcuma. Temos ben onde elixir senón queremos comer sempre o mesmo.

Todas Elas ecolóxicas, coma sempre 😎

Bubela aposta pola economía circular e o desenvolvemento do rural e do pequeno comercio, por iso non atoparedes ós seus productos en grandes superficies, algo que gústanos moito porque é apostar polo pequeno comercio que ben sabedes que non podemos "competir" cos supers, por iso sempre estamos a traer productos novos e diferentes.

Bubela elabora ós seus productos con enerxía 100% renovable outro punto ó seu favor. Coida de nós cos seus productos dunha calidade excelente e pon o seu graniño de área pra coidar o planeta.

E seguimos a telas en promoción pra que as coñezades 😉

Estamos en Negreira, na tenda da Abella Verde.

09/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Xa estamos a luns e comenzamos a semana seguindo a amosar ós nosos productos.

Hoxe tócalle a Orballo , así que poñemonos en modo relax e en disfrutar do noso momento.

Porque Orballo dende As Mariñas ( A Coruña) como amantes da natureza e do rural galego ofrecécennos productos 100% ecolóxicos da mellor calidad.

Poñen en valor o desenvolvemento rural, a innovación, a calidade a biodiversidade e a conciliación e igualdade algo que nos encanta.

Na tenda atoparedes as infusións que cultivan con moito "LOVE" pra que nos as desfrutemos.

Na tenda tamén atoparedes unha gama de infusións de Orballo que so atoparedes en tiendas coma Abella Verde e non verdes más estanterías dos supera. Algo que tamén nos gusta moito porque é un guiño o comercio local e que tanto nos fai falla nestes tempos.

Orballo non son solo infusións e especias, hai moito detrás, un proxecto polo que apostar. Un xeito de vida, un amor polo noso que dende a tendiña compartimos.

Agora xa solo tendes que vir ata Abella Verde e levar as que máis os gusten. Porque non é so mercar unha Caixa de infusións. Mercando esa caixiña, estás apostando por Galicia, polo rural, polo producto de proximidade, por un futuro, por nós.

¡Bo día Colmea!

08/05/2022

¡Bos días Colmea! ⛅🐝
Hoxe é un bo día pra os productos que vos imos a ensinar.

Qué mellor cun domingo pra o picoteo.

E se falamos de picar non poden faltar as nosas queridísimas Mariñeiras Bio de perfectas pra acompañar as nosas comidas o coma ben digo ideais pra facer uns canapés. Son naturais sen aditivos nin conservantes. De producción responsable que teñen o obrador en Chantada. Comprometidos con medio e co desenvolvemento local.

E que mellor que estas Mariñeiras Bio pra acompañar o Calabizo o primer embutido de calabaza vexetal, sen glute e ecolóxico. Elaborados en Galicia, en Nigrán, e baseandose nas recetas tradicionais, unha explosión de sabor e arume xa que están elaborados coma os chourizos galegos afumados pero vexetais. non vos podedes perder este productazo. E coa misma base do chourizo vexetal de calabaza elaboran o seu potaxe con garbanzos, espinacas... Cun sabor tremendo.

E seguimos cos Bos acompañamentos pra as Mariñeiras e non podía faltar o paté de mexilons que temos na tendiña de Conservas de peixe procedentes da pesca sostibles, elaboradas de forma artesanal con ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica. Empresa familiar situada en Vilanova de Arousa

Agora so tendes que vir a tendiña a por eles!

Agardámosvos en horario de Domingo de 10:00-14:00h

¡Bo día Colmea!

07/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Seguimos a dar valor ós nosos productos.

Hoxe coma é finde tócalle ós viniños da Terra.

Temos un pouco de todo e todos moi Bos.

Se falamos de Mencía, temos "Catro e Cadela" das nosas amigas de .wines Mulleres valientes e fortes que co seu Bo facer conseguen uns Viños espectaculares.

Tamén temos o mencía de Fanrela con Arauxa e sousón un viño afrutado.

Tamén de Fanrela temos o Godello que xa moitos coñecedes e que tanto vos gusta, un imprescindible que non pode faltar agora con este tempo

Se falamos de albariño, recae na tendiña pra por a súa frescura intensa.

Ribeiro Alecrin pra os que lle guste os ribeiros clásicos sen historias.

E se queredes probar algo diferente, con uvas da Terra temos o Brancellao Corga ecolóxico, sutil en boca e o tinto caíño Os Dunares tamén de .wines afrutado e que non deixa indiferente a ninguén.

E como non, non podía faltar os nosos vermuts de Chantada, branco e tinto, so podo dicir que quen leva unha botella, repite😄

E por suposto (solo hoxe) esta proposta ben cun 5% de desconto en tódolos viños dos que falamos

Aproveitade e vinde a pola vosa botelliña do fin de semana

📍 Rúa Camiño Vello n22 Baixo Mafer Negreira.

06/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Seguimos coa serie de productos galegos. Hoxe tócalles os amigos de

E gústanos moito os productos que nos traen porque son uns canallas😅🤭

Productos descaradamente osados con esa chispa que tanto nos gusta, traennos:

➡️ Salsa picante de pementos de Padrón

Pementos que chegan dende a cooperativa de en Herbon. Producto 100% galego de calidade, por iso está tan boa esta salsa. Pra darlle lume as túas salsas, pra as túas barbacoas, sopas, etc... Se che gusta o picante está é a túa salsa 🔥🔥🔥

➡️ Salsa de pesto de grelos e noces ecolóxico de km 0

Déixache sorprender con este esto galego. Ideal pra unhas torradas, coma base dunha pizza, coa pasta ..

chéganos dende Tomiño e coma eles din "os seus productos pretenden homenaxear ós galegos que, con so unha foto dos seus seres queridos e unha maleta baixo o brazo, deixaron atrás suas aldeas pra partir en busca dunha vida mellor. Aínda que a viaxe moitas veces so foi de ida, nunca perderon a esperanza de retornar a súa terra"

Cada producto ten a súa historia por iso témola que contar. Sempre temos que saber de onde vimos

¡Non fagas sempre o mesmo e dalle unha volta as túas elaboracións!

¡Bo día Colmea!

05/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Seguimos coa relación de post adicados ós productos galegos.

Hoxe tócalle o turno a nosa crema de cacahuete galega e artesana. Hoxe é o turno de

Vainatti chega dende Ourense a tenda coa honestidade de ofrecer un producto traballado artesanalmente. A base de cacahuete e nada máis. Presentada en tres formatos.

➡️ Crema de cacahuete clásica
➡️ Crema de cacahuete con Ana os
➡️ Crema de cacahuete choco

Só con un ingrediente, cacahuetes tostados e no caso donde choco con cacao e nada máis.

Sen azucres, sen glute, apto pra veganos, fonte de fibra, con vitamina E antioxidante e triptofano.

E inda por riba sostibles, Vainatti aposta por coidar o medio ambiente por iso recicla os seus botes e anímanos a facelo a nós tamén, os que vindes a tenda xa sabedes como funciona.

Por iso estamos tan contentas con estes productos e personas. Productos sen trampa nen cartón. Personas comprometidas co rural e coa Terra.

Seguimos apostando polo producto de proximidade, seguimos apostando por nós

¡Bo día Colmea!

Boas Colmea! Paso por aquí para ensinarvos a cesta da que vos falaba os días anteriores.Nesta ocasión temos 1kg tomate r...
04/05/2022

Boas Colmea! Paso por aquí para ensinarvos a cesta da que vos falaba os días anteriores.
Nesta ocasión temos
1kg tomate rama
1kg calabacín
1kg cebola chata
1kg cenouras
1kg brócoli
1kg repollo
3 leitugas
1 manoxo de puerros
Falamos de verduras e hortalizas ecolóxicas, sen químicos, de proximidade, hortas da comarca de Santiago
¿Que máis podemos pedir? ¿Imos seguir collendo de fóra o que temos do veciño?
Coma sempre dicimos, apostar polo noso é apostar polo noso futuro. E damos un pasiño máis apostando por estas cestas.
E ti, ¿queres a túa? Pois o luns coméntovos que trae a cesta da semana que ven. E se vos interesa xa podedes resérvala😊😉

¡Bos días Colmea! ☀️🐝Hoxe toca consello do día 🤭¿Coñecedes os productos de Frosch verdade? Alomenos porque EU os dou o s...
03/05/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Hoxe toca consello do día 🤭

¿Coñecedes os productos de Frosch verdade? Alomenos porque EU os dou o sermón de canto en canto 🤣

Pero gústanos moito traballar con esta marca. A calidade do producto e excelente e a sus filosofía ecorresponsable chíflanos.

Hoxe os falamos dos lavavaixelas. Na tenda atoparedes o de Aloe Vera e Vitamina. ¿Coñecedes os seus beneficios?

✅ Vitamina: protección pra túa pel sen colorantes nin perfumes

✅ Aloe vera: coidado da túa pel coa sua fórmula a base de extractos de aloe vera.

Unha gama natural coa mesma eficacia e moitos beneficios. Beneficios pra túa pel e pra o medio ambiente. Frosch é nosa marca ecorresponsable, productos ecolóxicos con envases reciclados e reciclables.

Elixe a marca n°1 en productos ecolóxicos 😉

Vémonos na Abella 🐝 Verde

¡Bo día Colmea!

¡Bos días Colmea! ☀️🐝Hoxe estamos abertas no noso horario habitual de fin de semana de 10:00h-14:00hMañá domingo día do ...
30/04/2022

¡Bos días Colmea! ☀️🐝

Hoxe estamos abertas no noso horario habitual de fin de semana de 10:00h-14:00h

Mañá domingo día do traballador permaneceremos pechadas.

Pero aínda tendes tódala mañá pra vir a facelas vosas compriñas e agasallos se precisades.😉

Agardámosvos na tendiña da Abella 🐝 Verde en Negreira

📍 Rúa Camiño Vello n22 Baixo

¡Bos días Colmea! ⛅🐝Sabedes que sempre estamos a argallar cousiñas. intentamos aprender de vos e ofrecervos cousas que o...
29/04/2022

¡Bos días Colmea! ⛅🐝

Sabedes que sempre estamos a argallar cousiñas. intentamos aprender de vos e ofrecervos cousas que os poidan interesar.

Pois xa fai un tempo que planteamos traer a tenda fruta e verdura ecolóxica pero ademais de proximidade.

Agora temos a oportunidade de facelo. E explícovos un pouco como sería.

Falamos de traer cestas variadas de verduras e hortalizas de tempada, productos da comarca de Santiago. Traballados en ecolóxico, falamos de productos sen alteracións xenéticas e sen químicos. Se non hai unha cousas haberla outra, non se explota o producto.

Cestas de entre 6-8kg que variarán nuns productos cada semana. Dende a tenda o luns os diríamos que inclúe esa semana a cesta e os interesados mandaranos unha mensaxe pra reservala.

Si, xa sei o que pensades, que vai ser moi caro, que a tenda, que o ecolóxico, etc... Este é un pensamento que alguns tendes coa tenda pero tamén podedes comprobar que temos productos máis económicos que o super e incluso falando do mesmo producto as veces.

As cestas rondarán os 11-12€ aproximadamente. Seguimos a apostar polo comercio local, polo producto de proximidade, galego e polo rural que tanto nos da, sen eles non sería posible

Así que xa sabedes facemos enquisa pra saber se estades interesados neste tipo de "producto" que gustaríanos poder ofrecervos.

Podedes deixar a vosa opinión nos comentarios ou en mensaxes privadas. Os leo!

¡Bo día Colmea!

Dirección

Rúa Camiño Vello N22 Bajo
Negreira
15830

Horario de Apertura

Lunes 09:15 - 14:00
17:00 - 20:15
Martes 09:15 - 14:00
17:00 - 20:15
Miércoles 09:15 - 14:00
17:00 - 20:15
Jueves 09:15 - 14:00
17:00 - 20:15
Viernes 09:15 - 14:00
17:00 - 20:15
Sábado 10:00 - 14:30
Domingo 10:00 - 14:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando tendaabellaverde publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a tendaabellaverde:

Compartir