Gadelicia Produtos Galegos

Gadelicia Produtos Galegos Se es amante da gastronomía e buscas sabores auténticos, este é o teu lugar. Agardámoste! Tamén online: www.gadelicia.gal

31/03/2026
Ampliamos a oferta de produtos sen glute con estas deliciosas pastas en catro variedades:🍪 Arandos🍪 Avea e cabaza🍪 Xenxi...
25/03/2026

Ampliamos a oferta de produtos sen glute con estas deliciosas pastas en catro variedades:

🍪 Arandos
🍪 Avea e cabaza
🍪 Xenxibre
🍪 Millo

Todas elas elaboradas artesanalmente con ingredientes de procedencia ecolóxica.

Achégase o día do pai e non sabes que agasallar? Nós temos moitas ideas, adaptadas a todos os gustos e prezos para deixa...
15/03/2026

Achégase o día do pai e non sabes que agasallar? Nós temos moitas ideas, adaptadas a todos os gustos e prezos para deixares a teu pai con moi bo sabor de boca este 19 de marzo ;-)

08/03/2026

Por fin podemos anunciar que xa temos tenda en liña, www.gadelicia.gal, onde podedes mercar os mellores produtos galegos comodamente a calquera hora e desde calquera lugar e recibilos na casa, recollelos na tenda ou incluso envialos directamente a quen vós queirades. Estade atentas e atentos, que temos moitas cousiñas chulas, e moitas máis que virán!

Deseño web: What the Flow

Agasallos con moito sabor...
05/03/2026

Agasallos con moito sabor...

Coñeces o Calabizo? É o primeiro embutido vexetal de cabaza, vegano e sen glute. Elaborado ao modo tradicional: afumado ...
03/03/2026

Coñeces o Calabizo? É o primeiro embutido vexetal de cabaza, vegano e sen glute. Elaborado ao modo tradicional: afumado en madeira de carballo e curado e con todo o sabor a chourizo pero unicamente con ingredientes vexetais.
Unha alternativa ideal para todo tipo de dietas polo seu alto valor nutritivo, baixa achega calórica, alto contido en fibra, rico en antioxidantes e fonte de vitamina B6.
Pódese tomar en cru pero tamén á prancha, á grella, en pizza, tortillas, guisos, pratos de culler, etc. e o mellor… sabor a chourizo tradicional pero sen colesterol!

28/01/2026

Están de volta os botes especiais do noso entroido de Tembra. Quinteiro doce. Cheos de deliciosas galletas de nata, homenaxean as figuras máis tradicionais do entroido galego: peliqueiros, boteiros, madamas, choqueiros, pantallas e xenerais. Unha colección ben xeitosa e saborosa!

24/01/2026

🌟📚🗣️🌱🤝🎉 Desde a Biblioteca Pública Municipal de Narón sumámonos á iniciativa “Falarmos Nós”, impulsada pola Área de Lingua da Deputación da Coruña, un grupo de conversa en galego perfecto para quen desexe empregar máis a nosa lingua no seu día a día ou mellorar a súa expresión oral nun ambiente acolledor e sen presións.

O obxectivo é crear un espazo de participación, confianza e aprendizaxe, onde poidamos falar, escoitar e compartir experiencias sen medo a equivocarnos. 🤗 As reunións terán lugar todos os luns de 11:30 a 12:30 h, con grupos reducidos para favorecer a interacción.

Non é unha clase tradicional, senón un lugar onde nos atopamos para falar de temas diversos como cultura, actualidade, música, libros e moito máis. 🎶📖 As persoas dinamizadoras estarán alí para propoñer temas e garantir que todas poidan participar.

Se queres participar, podes inscribirte a partir do martes 27 de xaneiro, ás 16:00 h, de maneira presencial na biblioteca ou chamando ao 981382173. Agardámosvos! 📞✨

https://naron.gal/cat/gal/novas/get/6907

Canto presta tomar un bo chocolate quentiño de Bonilla a la Vista! E máis aínda estes días...
23/01/2026

Canto presta tomar un bo chocolate quentiño de Bonilla a la Vista! E máis aínda estes días...

Na nosa tenda podes atopar unha ampla variedade de meles do país, todos de gran calidade. Entre eles, o mel de eucalipto...
20/01/2026

Na nosa tenda podes atopar unha ampla variedade de meles do país, todos de gran calidade. Entre eles, o mel de eucalipto de De Liñares Apicultura, que vén de ser premiado nos París Honey Awards, un dos galardóns máis prestixiosos a nivel internacional.

Recibimos algunha unidade máis do codiciado bote de Maruxas de Nata creado por Sargadelos... Esta marabilla de colaborac...
17/01/2026

Recibimos algunha unidade máis do codiciado bote de Maruxas de Nata creado por Sargadelos... Esta marabilla de colaboración está a ser todo un éxito, como era de agardar.

Dirección

Rúa Solaina, 92
Narón
15570

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:00
17:30 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
17:30 - 20:00
Miércoles 09:30 - 14:00
17:30 - 20:00
Jueves 09:30 - 14:00
17:30 - 20:00
Viernes 09:30 - 14:00
Sábado 09:30 - 14:00

Teléfono

+34744730886

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Gadelicia Produtos Galegos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir