24/03/2026
Máis aló da recollida do mel, a apicultura é, sobre todo, coidado e observación. Onte revisamos as colmeas para comprobar que todo vai ben:
- Saúde da colonia: verificación da fortaleza da colmea.
- Reservas e espazo: aseguramonos que teñan alimento abondo e espazo para seguir medrando.
- Actividade da raíña: Unha ollada rápida aos cadros di moito sobre o futuro da colmea.
Para nós é un privilexio traballar e axudar a estas pequenas grandes traballadoras a seguir polinizando o noso entorno afectado polos grandes incendios do verán pasado.