Pazo de Anzuxao

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Pazo de Anzuxao Quesos de Galicia: DO Arzúa-Ulloa. DO Tetilla. Queso de barra. Queso semicurado. Requeixo. Señorío de Anzuxao (curado). Venta directa.
www.lacteosanzuxao.com

Fan page de la firma Lácteos Anzuxao SL, una empresa de carácter familiar nacida en el año 1970 y que confía en la tradición como elemento fundamental sobre el que elaborar sus famosos quesos. La fábrica además está situada en un Pazo que constituye uno de los mayores ejemplos de arquitectura civil de la comarca del Deza y es de visita obligada si estás por la comarca. Degustación y venta en nuestra tienda física.

Hai queixos que destacan polo seu sabor e outros que sorprenden tamén á vista. 🌶️🧀O noso Queixo de Pimentón combina a su...
03/11/2026

Hai queixos que destacan polo seu sabor e outros que sorprenden tamén á vista. 🌶️🧀

O noso Queixo de Pimentón combina a suavidade e cremosidade da leite de vaca cun toque especiado que lle dá carácter e personalidade.

O pimentón recobre cada peza, achegándolle a súa cor característica e ese aroma inconfundible que o fai diferente.

Un queixo para quen busca saír do habitual sen renunciar á esencia dun bo queixo galego.

27/10/2026

Das mans do noso equipo directamente aos andeis das nosas cámaras. 🧀

En Pazo Anzuxao o noso día a día esixe unha sincronización perfecta: desmoldar e acomodar cada peza no seu espazo onde agardará o seu momento. Unha coreografía silenciosa e constante que marca o inicio da maduración.

Un traballo artesanal e invisible que garante a excelencia de cada lote.

Un bo queixo merece o mellor acompañamento. O noso doce de membrillo nace para crear ese contraste perfecto: a textura e...
21/10/2026

Un bo queixo merece o mellor acompañamento.

O noso doce de membrillo nace para crear ese contraste perfecto: a textura e intensidade da froita xunto á cremosidade inconfundible dos nosos queixos. Unha combinación clásica da nosa terra que nunca falta nunha boa mesa.

Coidamos cada detalle no proceso para que cada bocado sexa unha experiencia única.

E para ti, cal é a túa parella perfecta para o queixo?

13/10/2026

En Pazo Anzuxao, antes de que o queixo tome forma, todo depende da tradición.

A preparación do callo e a súa incorporación á cuba é un traballo de orfebrería diario. Na nosa queixería, non hai atallos; a experiencia humana é a que marca a diferenza entre un proceso industrial e a procura da excelencia en cada lote.

Coidamos cada fase dende a orixe para que leves á mesa o auténtico sabor da nosa terra. 🧀💛

09/10/2026

Agora xa volo podemos contar… Estreamos nova páxina web e tenda online! 👩🏼‍💻

En Pazo de Anzuxao queremos seguir medrando para acercar os nosos productos a toda a xente posible. Abrimos para todos unha nova web máis funcional, máis estética e que inclúe, ademais, unha tenda online cos nosos queixos e máis produtos da nosa contorna.

Agora xa podedes pedir os vosos produtos favoritos dende a mesma dirección de sempre que atoparás na nosa bio: www.lacteosanzuxao.com ☝🏼

Último paso antes de chegar a vós! 🚚Cada caixa de queixos que sae de Pazo de Anzuxao leva detrás moito tempo, tradición ...
06/10/2026

Último paso antes de chegar a vós! 🚚

Cada caixa de queixos que sae de Pazo de Anzuxao leva detrás moito tempo, tradición e o coidado de moitas mans traballadoras. Coidamos o manexo ata o derradeiro segundo para garantir que manteña toda a súa cremosidade, forma e ese aroma inconfundible. 🧀

Agora toca repartir para que non falte un bo anaco de Galicia na túa mesa. 🏘️

Cando os días se volven máis curtos e comeza a refrescar, só hai unha cousa que non falla: unha boa táboa de queixo na m...
17/09/2026

Cando os días se volven máis curtos e comeza a refrescar, só hai unha cousa que non falla: unha boa táboa de queixo na mesa. 🧀

O noso queixo Tetilla DOP é o compañeiro perfecto para a entrada do outono. Proba a maridalo cun pouco de doce de membrillo, unhas noces e un bo viño galego. Coa súa textura cremosa e ese sabor lácteo tan característico de Lalín, calquera tarde fresca convértese nun planazo.

A mellor combinación para vivir o derradeiro tramo do ano. 🍂

¡SORTEO NA NOSA CONTA DE INSTAGRAM! 🎁En Pazo de Anzuxao queremos premiar a vosa fidelidade e por iso imos levar a cabo u...
11/09/2026

¡SORTEO NA NOSA CONTA DE INSTAGRAM! 🎁

En Pazo de Anzuxao queremos premiar a vosa fidelidade e por iso imos levar a cabo un sorteo dunha cestiña de productos galegos que inclúe:

Un queixo Arzúa-Ulloa, un Señorío de Anzuxao, un mel do Saldoiro, un marmelo artesanal, o noso Requeixo, unha tarrina de arroz con leite de Casa Baltar, unha pulpa de arándanos do Muiño de Cuiña e unha caixa de Cukiñas.

Queres que sexa túa? Podes participar na mesma publicación na nosa conta de Instagram

Tes ata o 17 de setembro para participar. Moita sorte a todos!🤞🏼

🔹Bases legais: https://acortar.link/lacteosanzuxao

09/09/2026

O segredo do noso sabor? Tempo, tradición e moitas mans traballadoras. 🤲🏼

En Pazo de Anzuxao facemos cada queixo respectando o producto para conseguir a textura perfecta. Despois do desmolde pasan directamente ás cámaras de maduración onde conseguen estabilidade, forma e cremosidade.

O descanso perfecto antes de saír nas nosas furgonetas cara á túa mesa. 🏡

Ultimando os detalles antes de saír do noso pazo cara ás vosas casas. 💄Os nosos Señorío de Anzuxao, elaborados con leite...
03/09/2026

Ultimando os detalles antes de saír do noso pazo cara ás vosas casas. 💄

Os nosos Señorío de Anzuxao, elaborados con leite 100% de vaca e cun sabor intenso pero equilibrado, xa están poñéndose de gala na derradeira fase do seu proceso: o etiquetado a man. 🧀

En Pazo de Anzuxao coidamos todos e cada un dos detalles para que os nosos queixos teñan ese sabor tan característico e esa calidade que fai que queiras volver tomalo día tras día.

Dirección

Madriñán, 1
Lalín
36515

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00
Domingo 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Pazo de Anzuxao publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Pazo de Anzuxao:

Compartir

Supermercados cercanos