Outrora S. Coop. Galega

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Outrora S. Coop. Galega Creamos proxectos socioeducativos nas áreas de Dinamización Comunitaria, Igualdade e Lecer.

🍂 Chega o outono e no local de Outrora xa temos plans!De outubro a decembro, tres obradoiros para peques con algo en com...
03/09/2026

🍂 Chega o outono e no local de Outrora xa temos plans!

De outubro a decembro, tres obradoiros para peques con algo en común: aprender divertíndonos!

🎲 Xogos de mesa colaborativos.
Xogos nos que o importante non é gañar, senón facer equipo, tomar decisións e atopar solucións entre todes.

📚 Contos para medrar.
Historias para rir, emocionarse, facerse preguntas e falar de todas esas cousas que nos pasan mentres medramos.

🌈 Escoliña de valores.
Un espazo para conversar, cuestionar o que damos por feito e descubrir outras maneiras de mirar e relacionarnos.

Tres propostas diferentes. Moito por descubrir. ✨

📅 Outubro · novembro · decembro
📍 Outrora (A Guarda)

Desliza para coñecer todos os detalles e, se vos apetece vir, escribídenos! 💌

🌿 Remata a cuarta edición do Cultivando Coidados!Un programa realizado da man do Concello do Rosal para reflexionar sobr...
20/07/2026

🌿 Remata a cuarta edición do Cultivando Coidados!

Un programa realizado da man do Concello do Rosal para reflexionar sobre os coidados, poñer en valor o papel das mulleres coidadoras e lembrar que o autocuidado non é un luxo, senón unha necesidade.

Ao longo do programa...
💬 Aprendemos xuntas.
🤝 Creamos novas redes.
😊 Rimos (moito)... E choramos (un chisco). 🥺
💭 Compartimos experiencias, ferramentas e recursos para non esquecernos de nós.

Grazas a todas as participantes por facer posible esta nova edición 🌞

Seguimos traballando para crear espazos de encontro, aprendizaxe e coidado na nosa comunidade.

💡 𝗧𝗲𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗶𝗱𝗲𝗮? 𝗡𝗼́𝘀 𝗽𝗼𝗻̃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼.Hai proxectos que só precisan un lugar onde comezar. 🌱En Outrora abrimos o noso ...
14/07/2026

💡 𝗧𝗲𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗶𝗱𝗲𝗮? 𝗡𝗼́𝘀 𝗽𝗼𝗻̃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼.

Hai proxectos que só precisan un lugar onde comezar. 🌱

En Outrora abrimos o noso espazo a persoas, profesionais e colectivos que queiran organizar 𝗮𝗰𝘁𝗶𝘃𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗲𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮𝘀, 𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗶𝘀 𝗲 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗶𝘀.

📩 [email protected]
📞 677 849 156

💬 E a ti? Que actividade che gustaría ver no Baixo Miño? Cóntanolo nos comentarios.

✨ 𝗫𝗼𝗴𝗮𝗿, 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿, 𝗲𝘅𝗽𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿✨Así queremos vivir os días non lectivos de setembro en Outrora.Abrimos as portas do...
10/07/2026

✨ 𝗫𝗼𝗴𝗮𝗿, 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿, 𝗲𝘅𝗽𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗿✨

Así queremos vivir os días non lectivos de setembro en Outrora.

Abrimos as portas do noso campamento para crianzas de 3 a 12 anos, cunha proposta chea de xogos, creatividade, movemento, descubrimentos, diversión e valores.

💚 Un espazo pensado para conciliar, pero tamén para que as crianzas se sintan acompañadas e protagonistas das súas propias aventuras.

📍 A Guarda
🕘 8:45 - 14:15 h
💶 95€ os 6 días | 20€ día solto

📩 Reserva xa a túa praza por mensaxe privada, no 677 849 156 ou en [email protected]

🌈Ao longo deste mes estivemos Rachando os marcos en tódalas aulas de 1º de ESO do concello da Guarda.✊Falamos do Orgullo...
17/06/2026

🌈Ao longo deste mes estivemos Rachando os marcos en tódalas aulas de 1º de ESO do concello da Guarda.

✊Falamos do Orgullo, da identidade, dos dereitos.
🎭Abrimos debates incómodos.
❤️Fixémonos preguntas e buscamos respostas colectivas.

Aprendemos moito: elus e nós.

💥É importante que non se esqueza que non hai un momento para falar de diversidade, nin unha idade ideal nin un lugar concreto.

Igual que non hai un momento, unha idade ou un lugar para falar do tempo, porque está sempre presente. 💫

Graciñas por deixarnos formar parte do desenvolvemento das crianzas e adolescentes. É unha sorte inmensa! 😻

E graciñas ao CIM da Guarda por contar con nós un ano máis 🧵

🌞🏖️ 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗚𝗨𝗜𝗥𝗜 🏖️🌞CUIRS CONTRA O TURISMO DE MASASEste 20 de xuño xuntámonos para reivindicar espazos máis habitables...
15/06/2026

🌞🏖️ 𝗘𝗡𝗖𝗢𝗡𝗧𝗥𝗢 𝗚𝗨𝗜𝗥𝗜 🏖️🌞
CUIRS CONTRA O TURISMO DE MASAS

Este 20 de xuño xuntámonos para reivindicar espazos máis habitables, diversos e sostibles, fronte ao impacto do turismo masificado nas nosas comunidades.

💜 Un día para compartir, rir, xogar e crear redes dende unha perspectiva LGBTIQA+ amigable!

✨ Que haberá?
🎭 Risas cos mellores disfraces
🍽️ Comilona colectiva
🏐 Xogos na praia
🌈 Moita compañía e ganas de pasalo ben

📅 Sábado 20 de xuño
📲 Apúntate no 677 849 156

Trae a túa creatividade, algo para compartir e moitas ganas de g***r dunha xornada diferente á beira do mar.

✨𝗗𝗘𝗦𝗘𝗫𝗢, 𝗣𝗥𝗔𝗖𝗘𝗥 𝗘 𝗖𝗢𝗜𝗗𝗔𝗗𝗢𝗦✨Obradoiro de xoguetería erótica.Un espazo de educación sexual para achegarnos á xoguetería er...
08/06/2026

✨𝗗𝗘𝗦𝗘𝗫𝗢, 𝗣𝗥𝗔𝗖𝗘𝗥 𝗘 𝗖𝗢𝗜𝗗𝗔𝗗𝗢𝗦✨
Obradoiro de xoguetería erótica.

Un espazo de educación sexual para achegarnos á xoguetería erótica dende unha perspectiva pedagóxica, diversa e positiva.

Falaremos de pracer, desexo, corpos, coidados e sexualidade sen tabús, promovendo o autocoñecemento e o benestar sexual.

🐾Impartido por Cinthia Romero (.crm)

📅 Venres, 19 de xuño
🕡 18:30 h
📍 Espazo Gama. Praza de San Benito, Baixo 1, A Guarda
🎟️ Actividade gratuíta
📲 Inscricións no 677 849 156

As prazas son limitadas, polo que recomendamos reservar con antelación! 💥

O 25 de abril foi un día lindísimo no Espazo Gama!💫🌱Pola mañá tivemos un obradoiro de kokedamas con  que foi todo un éxi...
04/05/2026

O 25 de abril foi un día lindísimo no Espazo Gama!💫

🌱Pola mañá tivemos un obradoiro de kokedamas con que foi todo un éxito.

E despois dun pequeno descanso...

💖Continuamos pola tarde coa presentación de Amatomía de onde nos emocionamos e rimos a partes iguais.

É un auténtico pracer encher de vida este novo espazo e poder facelo de forma linda e amigable para todes. 🌈

Se aínda non viñeches...
A que agardas?!

✨ESPAZO GAMA: Espazo para ser, comunidade para crear✨

𝗘𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗲𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝘂𝗮𝘁𝗿𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼🎉Aínda que tardamos un pouquiño máis en poder iniciar a actividade, sempre ven ben l...
27/04/2026

𝗘𝘀𝘁𝗲 𝗺𝗲𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝘂𝗮𝘁𝗿𝗶𝘃𝗲𝗿𝘀𝗮𝗿𝗶𝗼🎉

Aínda que tardamos un pouquiño máis en poder iniciar a actividade, sempre ven ben lembrar esa orixe para poder ver e agradecer todo o camiño 🐾

👯 Dúas rapazas, A Guarda, mil ideas, medos, dificultades, aventuras, ledicias, persoas e moito, moito traballo ás nosas costas!

Antes, durante, agora e noutrora 💫

Estamos felices de cada pasiño que damos e moi agradecidas con toda esa xente que fai que sexa un pouco máis sinxelo 🌞

Vémonos no .gama , nas rúas, nos centros educativos, nos espazos comunitarios e no sorriso de cada persoa que nos permitiu acompañala!

A por outros 4.
GRAZAS! ❤

Dirección

La Guardia
36780

Teléfono

+34677849156

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Outrora S. Coop. Galega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Outrora S. Coop. Galega:

Atajos

Compartir




Activar las notificaciones