29/10/2026
📢 Anota as datas para os prazos de inscrición!
Se es unha queixería, tes un negocio de gastronomía ou queres participar como expositor, chegou o momento de preparar a túa solicitude!
E se o teu é a música, tamén hai sitio para ti! O Queixo Maquetón volve á procura de novas propostas musicais. Se tes unha banda ou un proxecto musical, esta pode ser a túa oportunidade de subir ao escenario!
📅 CONSULTA OS PRAZOS DE INSCRICIÓN:
🧀 EXPOSITORES INTERIORES
Queixerías e zona gourmet
📌 Do 5 de novembro ás 09:00 h ao 30 de novembro ás 23:59 h
🏕️ EXPOSITORES EXTERIORES
Do 1 de decembro ás 09:00 h ao 20 de decembro ás 23:59 h
🎸 QUEIXO MAQUETÓN
Do 2 de decembro ás 00:00 h ao 22 de decembro ás 23:59 h
👉 NON QUEDES FÓRA!
Máis información en:
🌐 www.festadoqueixo.org
📩 [email protected]
📍 Arzúa | 5, 6 e 7 de marzo de 2027
🧀🎶 O queixo, a gastronomía e a música volven atoparse en Arzúa. Forma parte da festa!