28/10/2026
Lembrade: O venres 6 de novembro temos o seguinte taller de cociña e aprendizaxe na Fundación Terra de Trasancos , de 17 a 19h.
Aprenderemos a facer parrillada de verduriñas con peixe azul, cogomelos recheos, unha rica ensalada de outono e mazás asadas con crema pasteleira.
E por suposto tamén probaremos o resultado.
Contamos, coma nas anteriores ocasións, con Ana para as receitas e Susana de Bioreona para aprender a nutrirnos ben. Desta volta imos aprender un pouco máis do tema dos suplementos nutricionais, agora que chega o frío e estamos rodeados de opcións para afrontar o inverno. Pero hai mitos e hai realidades. Diso falaremos.
Para apuntarse: no 981363556 ou na propia Fundación. O custe do curso é de 25€ (pero se xa tedes vido a outros, soamente 20€)